PROXECTOS

Ribadavia recibiu menos proxectos de rehabilitación

Casas restauradas Ribadavia
photo_camera Vivendas rehabilitadas no casco histórico de Ribadavia.

O número de obras verase reducido porque algúns dos propietarios pensan renunciar a levar a cabo as reformas previstas.

Na oficiña municipal da Área de Rehabilitación Integrada do Casco Histórico (ARI) de Ribadavia presentáronse un total de 16 proxectos para o acondicionamento de vivendas, tres menos dos contemplados no convenio bianual subscrito polo Concello co Ministerio de Fomento e o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Nembargantes, según comentaron fontes da devandita oficiña, o número de obras verase reducido porque algúns dos propietarios pensan renunciar a levar a cabo as reformas previstas.
O concelleiro de Obras, Javier Iglesias, suliñou, ó respecto, que "a reducción na cuantía das axudas (pasou dun 75% a un 35% do orzamento global de dada proxecto) fai que moitos veciños non se animen". O Concello ribadaviense dispón 69.425 euros para subvencionar estes proxectos, segundo o convenio.

Te puede interesar