MEJORAS

Ribadavia será a segunda Área Rexurbe despois de Mondoñedo

A Xunta colaborará co concello para delimitar a área na que se pretende a renovación urbana e a rehabilitación

O Instituto Galego de Vivenda e Solo vén de recibir a solicitude para a constitución dun grupo de traballo para a declaración dunha Área Rexurbe no Concello de Ribadavia. Cómpre lembrar que esta figura, creada ao abeiro da Lei de rehabilitación e renexeración e renovación urbana de Galicia, vai máis alá das tradicionais áreas de rehabilitación integral, xa que ademais da reforma de edificios inclúe medidas de dinamización social, demográfica e económica.

O IGVS sinala que un dos primeiros pasos que debe abordar cada concello solicitante é a delimitación da área que pretende abarcar, polo que traslada a súa total colaboración ao Concello de Ribadavia para delimitar o ámbito desta Área Rexurbe, así como para asesoralo na presentación da solicitude oficial da mesma.

Este proxecto debe ser aprobado polo Consello da Xunta, polo que a de Ribadavia podería

ser a segunda Área Rexurbe que se declare en Galicia, despois de Mondoñedo.

Unha vez que o Consello da Xunta declara a área Rexurbe, o Concello de Ribadavia debe redactar un plan de dinamización da mesma, na que se indiquen as medidas a adoptar e actuacións que se deben levar a cabo, o custe estimado das mesmas e as fontes de financiamento, público e privado, para executalas. 

Asemade, a Xunta de Galicia apoia este tipo de iniciativas con financiamento, que procederá de diversos departamentos autonómicos.

Te puede interesar