O RIBEIRO

Ribadavia terá un novo campo de fútbol de herba artificial

O Xetal deixouse de utilizar en 2014 pola prohibición do Ministerio de Fomento despois da caída de diverso material dende a A-52

A Confederación Hidrográfica Miño–Sil autorizou a execución do novo campo de fútbol de herba artificial no Xestal , en Ribadavia. Era o último trámite para desenvolver este proxecto co que o Concello de Ribadavia solucionará a demanda por parte dos equipos do municipio, da comarca e as categorías de base, que poderán empregar esta instalación.

O Ministerio de Fomento prohibira o seu uso no 2014 debido ao problema de caída de diverso material desde a autovía A-52, cuxo trazado pasa por encima do campo. O novo proxecto contempla o seu desprazamento varios metros para evitar ese problema. 

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gomez, declarou que "este era un problema moi importante a resolver, e que foi posible grazas a que o grupo de goberno e o de CxG (Compromiso por Galicia) aprobaron os orzamentos, nos que viña contemplada a partida para o campo de fútbol". Así, o ente municipal achegará 100.000 euros e a Deputación máis de 200.000. Ambas administracións calculan que a obra adxudicarase en 10 ou 15 días co obxectivo de que esté rematado  para a próxima tempada futbolística.
 

Te puede interesar