Os ribadavienses que vivan sós están invitados á cea de Fin de Ano

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia e a Cruz Vermella do Ribeiro renovaron o convenio de colaboración que se firmou por primeira vez en setembro de 2008 para levar a cabo o programa de axuda no fogar complementaria, continuando dende aquela de maneira ininterrupida. Este convenio permite desenvolver por parte de Cruz Roxa unha campaña dirixida ás persoas que viven solas e para as que o Concello ofrece unha invitación para disfrutar da cea de Fin de Ano en compañía.
A iniciativa xa se levou a cabo coa comida de Nadal, pero o alcalde, Marcos Blanco, reñecía que a participación foi escasa, xa que só acudieron dúas persoas. 'Por ese motivo, estamos facendo agora unha campaña divulgativa para que a invitación chegue a todos os posibles interesados en participar nesta cea, que será gratuita'. De igual maneira que no Nadal, esta cea está prevista na residencia de maiores Nosa Señora dos Anxos.

Por outra banda, o programa de axuda no fogar conta con sete voluntarios, que atenden na actualidade a outros tantos beneficiarios, ós que visitan dúas horas unha vez á seman.

O Concello de Ribadavia fai a aportación económica polos gastos de desprazamento do voluntariado así como reunións de seguementos e a Cruz Vermella Ribeiro encárgase da búsqueda e formación dos voluntarios que complementan o servizo municipal.

Te puede interesar