A formción manterá a petición de austeridade que pediu na lexislatura pasada
Ribeiro en Común pedirá, no primeiro pleno do novo mandato, que exista unha proporcionalidade na representación e nas relacións entre goberno e oposición nunha corporación moi equilibrada e sen maiorías, e por outra banda, manterá a petición de austeridade que pediu na lexislatura pasada.
Neste punto, entenden dende a formación que a Alcaldía debe ter dedicación en exclusiva e o Alcalde debe centrarse en exclusiva no Concello de Ribadavia sen ter que compaxinar esta responsabilidade con outras institucións e cargos partidistas. "A responsabilidade de ser Alcalde de Ribadavia non se debera compartir con outras dedicacións políticas alleas ao Concello", subrayan.