TRÁFICO

Ribeiro en Común pide aumentar horas no aparcamento

Este grupo da oposición afirma que se produce un incumprimento constante das normas de tráfico

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia pide un aumento de horario de apertura do aparcamento municipal e medidas de promoción e publicidade que favorezan o seu uso. "Pedimos que se aumenten as horas de apertura do aparcamento, especialmente en temporada estival e de eventos con público, algo que por exemplo reclamaban os asistentes á mostra de teatro MIT", sinala. Reclaman ademais a convocatoria urxente da Comisión de tráfico debido ao constante incumprimento da normativa en Ribadavia, e en especial no casco histórico.

Nese sentido, os concelleiros solicitan a adopción de medidas "que favorezan o cumprimento da norma de tráfico", referíndose a realización de vixilancia e campaña de apercibimento aos conductores que incumpran a norma en todo o núcleo urbán. No caso de constante reiteración, previo apercibimento, proceder a sanción.

Ademais, a instalación de sinais nas entradas do casco histórico advertindo da norma. Comezando pola Praza de San Xoán e reforzando a entrada da Praza Maior. Tamén a ordenación do tráfico na Praza da Fonte dos dous Canos (Porta da Vila) e ordenación do entorno da Portanova-Extramuros con aparcamentos e colocación de sinais estables e retirada de vallas de obra.

Finalmente, Ribeiro en Común propón a reactivación das tarxetas de residentes e establecementos de zonas de aparcamento.

Te puede interesar