O Ribeiro convida ós 'restaurantes Michelín'

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro organiza para hoxe un encontro cos restaurantes de Galicia que dispoñen da Estrela Michelín.
Co obxectivo de dar a coñecer os viños a estos prestixiosos restauradores o Consello Regulador preparou un programa, que se porá en marcha ás 20,00 horas na Abadía Caldaria de Arnoia, empezando por unha degustación de viños. Seguidamente, os convidados a esta xornada desplazaranse ata Ribadavia, onde se lles ofrecerá unha cea no local social da Madalena. Está prevista para as 22,00 horas e, segundo apuntan os responsables da organización, 'disfrutarán dunha velada de viño e gastronomía típica da rexión'.

Entre os asistentes a este encontro, o Consello Regulador xa ten confirmada a presenza de Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras, da Estación de Cambre, ademais de Rafael Centeno, chef de Maruja Limón de Vigo, así como Yago Daporta de Cambados.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de iniciativas que organiza o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro de difusión e promoción dos viños e que desenrola ó longo de todo o ano.

Te puede interesar