ANIMAIS

Ridimoas rexeita a autorización da Xunta ás batidas dos xabarís

A Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas rexeita a iniciativa da Xunta de Galicia de autorizar as batidas a xabarís, aludindo a razóns de enfermidades, evitar accidentes de tráfico ou danos agrícolas, aproveitando a situación de pandemia. A entidade afirma que a situación sanitaria actual "non tivo ningunha incidencia nas poboacións de fauna que, en teoría, xa tería que reflectir os supostos efectos controladores da actividade cinexetica despois de rematada a tempada de caza". 

Insiste en que "a esixencia de permitir a caza con carácter excepcional non ten ningún argumento que a xustifique", e recorda que na primavera é a estación na que os animais silvestres están tratando de sacar adiante unha nova xeración e precisan tranquilidade e tamén que moitas especies están en perigo de extinción.

A asociación opinan que "a Conselleira de Medio Ambiente debe ser máis rigurosa e mandar a avaliar polos seus axentes os presuntos danos ocasionados pola fauna e obrar en consecuencia", matizando que "os supostos danos agrícolas polos que se toma a decisión de autorizar máis batidas prodúcense fora da tempada ordinaria de caza, que transcurriu con total normalidade.

Ridimoas tamén apunta a que os agricultores deben estar provistos de seguros que garanticen unhas condiciones xustas e compensaciones axeitadas.

Te puede interesar