Sanción da Xunta Electoral para o alcalde de Ribadavia

Impónlle unha multa de 300 euros ao entender que o rexedor induciu o sentido de voto dos electores. 

A Xunta Electoral de Ribadavia vén de ratificar o expediente sancionador aberto contra o alcalde de Ribadavia e deputado provincial, Ignacio Gómez, por vulnerar a lei electoral nas pasadas eleccións de xuño, impoñendolle unha multa de 300 euros ao entender que o rexedor induciu o sentido de voto dos electores. O Partido Popular, que se fixo eco da resolución xudicial, sinala que a mesma pon demanifesto que "o prepotente sentido da política que amosa Ignacio Gómez está a superar todos os límites, mesmo o seu desprezo á lei cando chegou a rirse da denuncia presentada polo PP, agora ratificada pola xunta electoral”, e califican ó alcalde de "incompetente e irresponsable".

Pola súa banda, Ignacio Gómez, anunciou que "imos recurrir esta sanción ante a Xunta Electoral Central, xa que consideramos é inxusta". O rexedor lembra que "o único que fixemos foi anunciar unhas melloras no parque empresarial que subvencionaba a  propiaXunta de Galicia". Gómez engadiu que "o dereito a informar do teu Concello non é electoralismo". 

Te puede interesar