A seca estival deixa sen auga varias fontes da vila do Avia

Veciños de varios barrios do casco urbán de Ribadavia estanse a queixar da falta de auga nas fontes da Alameda, Dous Canos, A Arrastrada e do Parque Robla, según indicou onte o grupo municipal do PP. Os 'populares' lembran que todas estas surxencias, a excepción da chamada Dous Canos, que se abastecía do caudal sobrante da Fonte da Prata, 'contan con mananciais propios que actualmente non se utilizan', mentres o resto súrtese de auga da traída.
O voceiro do PP na Corporación, Cesár Fernández, suliña que, 'coa actual seca, a compañía concesionaria do servizo de abastecemento, Aqualia, se vexa na obriga de cortar o suministro de auga ás fontes antes mencionadas, problema que podería resolverse recuperando os mananciais'. Engade que tampouco comprenden 'cómo se corta o suministro de auga ás mencionadas fontes sen que previamente o Concello informe ós veciños de cal é a causa desas restriccións, e cales son as solucións alternativas que se dan para suplir o servizo que proporcionaban'.

Por parte do equipo municipal de goberno, Ignacio Gómez lamenta que a decisión de cortar o suministro do abastecemento a estas fontes 'poida causar algún malestar, pero son medidas que a empresa concesionaria toma por precaución e para garantir que a auga chegue ás vivendas dos veciños'.

Te puede interesar