Sectores sociais estudan estratexias para o medio rural

A reunión celebrouse onte en Ribadavia.
photo_camera A reunión celebrouse onte en Ribadavia.

As Mesas Sectoriais do territorio Leader mantiveron unha reunión en Ribadavia, en xornada de portas abertas, para analizar a Estratexia de Desenvolvemento Rural Participativa cos distintos sectores: asociacións de mulleres, de mozos, de acción social, de protección do medio ambiente, agroalimentario, de empresarios e asociacións profesionais, culturais, sector público, do termalismo, turismo e auga, do viño e do sector forestal.

A Asociación Carballiño-Ribeiro, Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-12, xestiona na actualidade o Plan Leader Galicia 2014-2020, que aos efectos da concesión de subvencións se prolongará ata o ano 2025, estando a  punto de publicarse no DOG a convocatoria de axudas para particulares e entidades,  para as anualidades de 2022-2023 a finais do mes, das que xa se pode solicitar información nas oficinas do grupo.

A Asociación Carballiño–Ribeiro leva xestionando o Leader na totalidade dos concellos das comarcas de Carballiño e Ribeiro, nos períodos 2007/2013 e 2014/2020, na que se uniron os concellos de Padrenda e Pontedeva.

Na actualidade están preparando a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para a que foi elixida polo Agader, convertida de novo na entidade colaboradora para o territorio Carballiño e O Ribeiro.

Te puede interesar