Os técnicos de Medio Rural elexiron 44 cepas para obter caldos resistentes a pragas e enfermidades

A selección clonal de inxertos en fincas de Leiro e Ribadumia mellorará os tintos galegos

Dúas fincas experimentais, ubicadas en Leiro (Ourense) e Ribadumia (Pontevedra), foron elexidas pola Consellería do Medio Rural para desenrolar un proxecto encamiñado a mellorar a calidade dos viños tintos galegos. As investigacións céntranse na selección clonal de catro variedades de uva co obxectivo de obter videiras que proporcionen caldos de máxima calidade e resistentes a pragas, enfermidades e viroses. Despois da selección das 44 mellores cepas estase facendo o inxerto nas fincas experimentais.
A Consellería do Medio Rural está levando a cabo investigacións centradas na selección clonal das variedades Brancellao, Sousón, Espadeiro e Caíño para mellorar a calidade dos viños tintos galegos. Según indicaron fontes da consellería, ’o obxectivo é obter videiras que proporcionen caldos de máxima calidade e que sexan resistentes a pragas, enfermidades e viroses’.

Desta maneira, xa está rematada a fase de preselección realizada polos investigadores na procura das mellores cepas de cada unha das variedades e en diversas áreas vitivinícolas. Na actualidade, estase facendo o inxerto e a multiplicación dos exemplares nas fincas experimentais elexidas que están localizadas en Leiro (Ourense), onde se traballa co Brancellao e Sousón, e en Ribadumia (Pontevedra), co Espadeiro e Caíño.

Na fase de preselección, os técnicos estudiaron un total de 246 cepas, das que elexiron os 44 mellores exemplares, que son as que están a ser enxertadas e multiplicadas nas dúas fincas experimentais, converténdose deste xeito, en bancos de clons dun importante patrimonio de reserva xenética.

Según os responsables do Medio Rural, ’esta selección permitirá contar con clons destas catro variedades cunhas características de maduración que poderían adaptarse mellor ao posible incremento das tempe raturas e ao retardo previsible do ciclo das choivas no outono, obténdose mellores resultados da calidade e de producción’.

Nese senso, o director xeral de investigación, Gonzalo Flores, sinalou que ’o obxetivo final é proporcionarlles aos viticultores as mellores plantas de cada variedade tanto dende o punto de vista productivo e enolóxico coma sanitario’. Deste xeito, según apuntan os investigadores, os viticultores disporán dun material con garantías sanitarias e de calidade.


Te puede interesar