Os socialistas dudan que os badéns de Gomariz sexan legais

Badéns en Gomariz.
Os socialistas de Leiro presentaron un escrito no Concello solicitando información sobre os badéns no pobo de Gomariz, concretamente preguntando se cumpren a normativa vixente e cales foron os motivos da súa instalación.
Nese senso pretenden que o Concello lles informe 'se hai alguna razón técnica e cales foron os criterios de implantación e deseño', segundo indican no escrito.
O concelleiro Saúl Rodríguez Balboa considera que ante a ausencia de unha ordenanza municipal que regule a instalación de badéns o seu grupo solicita información sobre os metros de largo que mide cada un deles, así como a lonxitude das rampas de subida e baixada.

Rodríguez afirma que 'a xuízo dos socialistas os badéns non se axustan á normativa, polo que no caso de que se confirme que non cumpren coa legalidade esixirán a súa remodelación'. O alcalde Francisco Xosé Fernández non quixo facer declaracións sobre este asunto.

Te puede interesar