O PSdeG-PSOE de Ribadavia critica o que califica "lamentable estado de abandono" no que se atopa o parque dos Xardinillos . Sinalan os socialista que desde fai dúas semanas, non só non se arranxaron as fochancas e losetas soltas, senón que tamén se deixou esmorecer a valla do perímetro do parque, que segundo afirman "está a punto de caer".
Desde o grupo municipal socialista tamén se refiren á situación do peche do campo de xogo infantil, que "está totalmente roto e moi perigoso, xa que hai esquinas nas que os nenos poden caer e sufrir feridas". Por iso, consideran que a situación débese ao "desleixo" do PP que en lugar de arranxar as instalacións pechou o campo de xogo dos rapaces.
"Levamos días recibindo as queixas de pais, veciños e persoas maiores que non poden empregar o parque ante o abandono e o estado do mesmo", sinala o portavoz socialista Ignacio Gómez.
Gómez tamén lembra que o goberno municipal, cos socialistas ao fronte, "arranxou no seu momento o parque con vallas, tapou as fochancas, creou o campo de xogo e construíu uns baños públicos, tras moitos anos de reivindicacións, e só nos atopamos con ataques furibundos e con falacias do PP". En consecuencia, despois de varias semanas de reclamacións piden de novo ao Concello de Ribadavia "actuacións urxentes".