A Televisión Dixital Terrestre chega a Boborás, Leiro e Avión

A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro emisor de televisión de Avión, prevista para hoxe, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 2.800 persoas dos concellos de Avión, Boborás ou Leiro, así como a outras poboacións limítrofes.
O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do plan da homoxeneización de coberturas promovido pola Xunta que, durante os meses de setembro e outubro, acenderá un total de 65 centros emisores. Este proxecto está cofinanciado entre a Administración autonómica e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Te puede interesar