A maduración da uva polas altas temperaturas e a ausencia de choiva aconsellan comezar a colleita

A vendima tamén se adianta no Ribeiro e na Ribeira Sacra

Imaxe duns acios nuha viña de O Ribeiro. (Foto: ARCHIVO)
O exemplo da Ribeira Sacra co albariño seguirase na provincia ourensá, ó menos no que respecta ás Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Ribeiro, no adianto da recolleita da uva. Mentres as bodegas das localidades pontevedresas de As Neves e Salvaterra xa iniciaron na pasada semana a vendima da súa caste estrela, en Ourense xa se barallan algunhas posibles datas de comezo, sempre e cando non haxa varacións meteorolóxicas importantes.
Así, nas dúas citadas denominacións, o alto grao de maduración da uva debido ás elevadas temperaturas e á ausencia de precipitacións aconsella que a colleita se adiante entre unha semana a dúas con respecto a campañas anteriores. No caso da Ribeira Sacra, os responsables do Consello Regulador apuntan á segunda semana de setembro (entre os días 5 e 11), mentres os seus homólogos do Ribeiro retrasan un mínimo de sete días a previsión de apertura das adegas para acoller os primeiros acios (do 12 ó 18 de setembro).

Os técnicos do Ribeiro consultados vaticinan que as datas óptimas para o inicio da vendima estarían no prazo máximo de dúas semanas, sempre e cando nese periodo de tempo non haxa un brusco cambio meteorolóxico. Éste obrigaría a tomar outra decisión sobre a marcha, tendo en conta as variacións no grao de acidez das uvas e a posibilidade de aparición de fungos se hai un exceso de humidade e o calor se mantén.

Por outra banda, os expertos do Consello Regulador do Ribeiro suliñan que a boa maduración detectada nas distintas zonas da comarca vitivinícola vai repercutir nun alto ritmo de desenrolo da vendima, xa que non haberá que demorar a colleita por retrasos naquela. Os técnicos tamén destacan que o volumen que se prevé vendimar tamén estará nun promedio dun 15% máis alto sobre anos anteriores, establecéndose un marxe entre os 15 e os 16 millóns de quilos.

É dicir, que os parámetros indican que se vai recoller unha importante cantidade de uva, e ésta terá moita calidade.

Te puede interesar