O vento levantou oito carpas da Feira do Viño de Ribadavia

Dous golpes de vento levantaron onte ata oito carpas do recinto da Feira do Viño de Ribadavia, que se celebrou durante a pasada fin de semana. A empresa 'Nuevo Diseño' procedía a desmontar as carpas e no momento do descanso para comer foi cando se produciron os desperfectos. O vento arrancou en parte algunhas das carpas, mentras que outras dúas desprendéronse e foron a parar a entrada do parking subterráneo da céntrica rúa Progreso.
Non se produciron danos personais, aínda que sí materiais porque as carpas quedaron prácticamente inservibles, ó mesmo tempo que romperon dúas farolas. Xa pola tarde, unha grúa procedía a retiralas, mentras a brigada de emerxencias (Grumir) e a Policía Local controlaban o tráfico.

Te puede interesar