O viño ribeiro, seleccionado para a regata 'Tall Ships Race'

O viño da Denominación de Orixe Ribeiro será o oficial da actividade 'Tapas del Mar' que se celebrará coincidindo coa chegada da regata The Tall Ships Race a Coruña e que recalará na cidade ata o vindeiro luns. Os visitantes á regata poderán desfrutar en tres dos barcos atracados no Porto de A Coruña dos viños do Ribeiro, acompañandoos con tapas mariñeiras elaboradas con productos galegos coma empanada de zamburiñas con pan de millo, salpicón de froitos do mar, mexillóns en escabeche, guiso de choupa, berberechos ó vapor e 'chupa chups' de pescada do pincho.
Esta actividade de promoción foi presentada na tarde de onte no barco MIR, e desenvolverase na xornada de hoxe e tamén o domingo de 20,30 a 23,30 horas, en tres dos barcos atracados no Porto de A Coruña, e ten por obxectivo que os visitantes poidan facer un percorrido polos sabores do mar acompañados de viños do Ribeiro.


SELECCIÓN

Para esta ocasión, os técnicos do Consello Regulador da Denominación fixeron unha escolma de 11 marcas de viño branco e unha de tinto, todas elas premiadas tanto na pasada edición da 'Feira do Viño do Ribeiro', celebrada na primeira semana de maio en Ribadavia, coma na aínda recente Cata dos Viños Galegos do pasado mes de xullo en Santiago.

Te puede interesar