Xornada sobre as posibilidades do Camiño da Geira en Berán

A Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro anuncia, ante a inminente celebración do 25 de Xullo, que está a traballar nunha serie de iniciativas que se desenvolverán nos vindeiros meses deste Ano Santo Xacobeo que terá a súa continuación no 2022.

Así, para o próximo 31 de xullo, na localidade de Berán (Leiro), está prevista a celebración dunha xornada técnica que ten coma finalidade a análise e visualización das potencialidades económicas que suporía a catalogación do Camiño Geira Arriero coma itinerario oficial. A sesión estará a cargo de expertos en materia turística e económica que disertarán para os asistentes sobre as oportunidades que pode xerar iste camiñó coma dinamizador da zona, e por ende da comarca do ribeiro.

Este trazado ten o recoñecemento eclesiástico desde hai dous anos.

Te puede interesar