Xornadas sobre bibliotecas especializadas no Museo Etnolóxico

O Museo Etnolóxico de Ribadavia organiza para o próximo día 5 de xuño as II Xornadas sobre Bibliotecas Especializadas, que se centrarán na 'Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas.
O edificio do antigo centro comarcal do Ribeiro acollerá esta iniciativa, que está dirixida ós profesionais de bibliotecas especializadas e centros de documentación; a profesionais de museos, arquivos e xestores culturais e a estudantes de biblioteconomía e documentación.

As ponencias iniciaranse a partir das 9,30 horas, despois do acto de presentación, e correrán a cargo de distintos expertos na materia de Galicia e tamén procedentes de Madrid, Cataluña e de Castilla-León.

Ademáis de dúas mesas de debate, exporanse experiencias coma as 'Iniciativas dixitais da Biblioteca de Cataluña: difundindo e preservando o patrimonio cultural'; 'A esperiencia da Biblioteca Marioneta: un proxecto de Viravolta Títeres', ou os 'Proxectos dixitais da Biblioteca da Fundación Barrié', entroutros.

A asistencia é gratuita e o finalizar os participantes recibirán o correspondente certificado.Os interesados deberán dirixir a solicitude de inscripción ó Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Te puede interesar