A Xunta rexeita a petición de traspaso de inmobeis municipais

O Concello de Ribadavia deberá incluilos na área Rexurbe en vigor ou vendelos a terceiros

O Concello de Ribadavia “deberá establecer, no marco do futuro Plan de dinamización da Área Rexurbe declarada o ano pasado nesta localidade, o destino dos inmobles de titularidade municipal que pretendía ceder á Xunta de Galicia ou ben vender a terceiros”. Así o comunicou a Consellería de Medio Ambiente, rexeitando a intención municipal de que a administración autonómica se faga cargo da recuperación dalgúns inmobles públicos. Referiuse a unha reunión entre o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e a Noelia Rodríguez serviu para que o representante da Xunta explicase á alcaldesa que o devandito plan –que ten que elaborar o Concello‑ “deberá establecer as actuacións de rehabilitación e mellora que se pretenden realizar e as estratexias para acadar os obxectivos establecidos”. 

Por esta razón, “o máis procedente” é que a Administración local inclúa as propiedades municipais no devandito plan, “indicando os usos que se lle poden dar aos inmobles, entre eles, a execución de actividades de dinamización do conxunto histórico”. A Área Rexurbe, declarada pola Xunta o 2 de xuño de 2020, supón a intervención das administracións local e autonómica para rehabilitar ámbito incluído na mesma a través de actuacións para reactivar o centro histórico da vila, segubndo aclara a consellería

O IGVS INDICA QUE ACOMETE OUTROS PROXECTOS 

A Xunta aclara que está adquirindo edificios para rehabilitar no conxunto histórico de Ribadavia. Así, en 2019 comprou o inmoblede Cervantes nº16 ‑o pasado 16 de marzo xa se licitou a redacción do proxecto de rehabilitación‑ e en 2020, os da Praza de San Xoán nº3 e en García Boente nº1, cun investimento que supera os 337.000 euros. Este ano o IGVS prevé adquirir novos inmobles para rehabilitalos para adicalos ao alugueiro.

Te puede interesar