Xuntanza anual dos exalumnos do Instituto de Ribadavia

A Asociación Cultural de exalumnos, exprofesores e personal non docente do Instituto de Ribadavia terá o próximo 26 de maio a súa quinta xuntanza anual. A entidade organiza unha xornada de convivencia na que se recordan vellos tempos de estudiante e que dará comenzo ás 12,30 horas cunha recepción de asistentes no salón de actos do centro. Para as 14,30 horas está previsto un xantar de confraternidade no lugar da Veronza de Ribadavia (si chove, no pabellón de deportes do Tomás de Lemos).
Para asistir será necesario retirar a tarxeta previo pago de 27 euros no Bar Morto ou no Bar Caracas. Tamén se pode facer un ingreso na conta de NovaGalicia de Ribadavia co número 20805332873040032481, indicando o nome do interesado. A compra da tarxeta deberá ser antes do 24 de maio.

Te puede interesar