O cine galego, eixe transversal na programación

Na Competición Iberoamericana da Sección Oficial do 21 OUFF, o ourensano José Manuel Mouriño achegaralle ao público “Manuel Vilariño. Ser luz”

O Festival de Cine Internacional de Ourense contará nesta edición cun nutrido grupo de representantes galegos pertencentes a diversas disciplinas, tanto na súa Sección Oficial como nas paralelas.


Na Competición Iberoamericana da Sección Oficial do 21 OUFF, o ourensano José Manuel Mouriño achegaralle ao público “Manuel Vilariño. Ser luz”, un documental ensaístico que propón una aproximación en imaxes á obra e ao universo argumental do fotógrafo e poeta coruñés Manuel Vilariño. No filme ten ademais unha presenza importante a figura e voz do poeta ourensano José Ángel Valente, de profunda influlenza no traballo de Vilariño.


O pontevedrés Manuel Fernández-Valdés competirá na mesma categoría co filme documental “Angélica [una tragedia]”. O filme retrata a axitada relación entre a creación e a vida que xira en torno á figura de Angélica Liddell durante o proceso de preparación dunha obra da artista.
Nas diferentes seccións paralelas desta edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, o público poderá atopar as pezas “Jeanette”, de Xurxo Chirro; “Sin dios ni Santa María” e “Montañas ardientes que vomitan fuego”, ambas de Samuel M. Delgado e Helena Girón; “Verengo”, de Víctor Hugo Seoane; “Share o No Share”, de Juan Hervella Rego; “El pozo”, de Héctor Domínguez-Viguera; “O Rebelde”, de Óscar Doviso; “Visións”, proxecto comisariado por Xisela Franco e Beli Martínez e unha escolma de curtametraxes programadas en colaboración co festival Curtocircuito. Deste xeito, o OUFF inicia un proceso de colaboración con outros certames que a organización espera que sexa extensible a outros festivais do país.


Ademais, dentro do marco do Festival, terá lugar a primeira presentación oficial do libro-dvd do filme “Pelerinaxes” de Simone Saibene, editado pola Editorial Galaxia, e poderase coñecer o estado de varios proxectos en distinto estado de desenvolvemento como “We the media”, de Héctor Carré; Nación de Muchachos, de Mad Mex Filmanova + Vizuals Lab con dirección de Javi Camino e “Esquece Monelos”, a opera prima de Ángeles Huerta.

cinema23
O Festival de Cine Internacional de Ourense e a plataforma Cinema23 xúntanse para editar un novo caderno, -con texto de Víctor Paz Morandeira e edición da mexicana con raíces ourensás Paula Villanueva-, adicado esta vez ao Novo Cinema Galego.


Do mesmo xeito, un dos seus máximos representantes, o artista e cineasta Lois Patiño, amosará por primeira vez en Europa a súa videoinstalación“Tiempo vertical”, levada a cabo en Marrocos a través dunha beca BBVA. O traballo xira entorno ao deserto marroquí a o xeito no que a luz ao descender vai, pouco a pouco, devolvendo ao espazo a súa dimensión e ao corpo o seu volume. 

Te puede interesar