284 toneladas de comida para 10.000 necesitados de Ourense

La visita al Banco de Alimentos.
photo_camera La visita al Banco de Alimentos.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, visitou onte o centro de almacenamento e distribución do Banco de Alimentos ourensán para supervisar o desenvolvemento da segunda fase do Programa 2023 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas, unha iniciativa que na súa primeira entrega achegará 284 toneladas de alimentos a repartir entre case 10.000 beneficiarios (cun custe superior aos 500.000 euros, o que resulta unha inversión aproximada de 50 euros por persoa). Na visita estivo acompañado por Felipe Ferreiro, presidente provincial de Cruz Vermella.

Esta é a segunda das dúas remesas que repartirá o programa nesta anualidade a través dos centros de almacenamento e distribución do Banco de Alimentos e da Cruz Vermella en Ourense. Estas dúas entidades contan coa colaboración de 121 organizacións asociadas de reparto na provincia, que son as encargadas de facer chegar directamente as cestas de alimentos esenciais a aquelas persoas en situación de vulnerabilidade.

Os produtos que se distribúen son de carácter básico, variados, nutritivos, pouco perecedoiros e de fácil transporte e almacenamento. A cesta de alimentos inclúe: arroz, fabas cocidas, leite enteiro, atún en conserva, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, macedonia de verduras, cacao soluble e tarriños infantís de froita e de polo.

Te puede interesar