Universidad

Aberta a inscrición para escavar na “cibdá" de Armea

A Facultade de Historia promove a campaña arqueolóxica de verán, con ampliación da zona cara o leste

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da facultade de Historia do Campus volverá escavar un verán máis na cibdá galaico-romana de Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Froito dun convenio de colaboración existente entre a institución académica e o Concello de Allariz, a campaña arqueolóxica de 2021 desenvolverase durante todo o mes de xullo e neste ocasión o obxectivo será ampliar a zona de escavación cara o leste. O alumnado universitario interesado en participar na intervención xa pode inscribirse nela.

Ampliación cara o leste

A cibdá de Armea, lembran desde o GEAAT, está considerada "un referente para a arqueoloxía galega e peninsular". Trátase, indican, dun xacemento único de orixe romana situado no Concello de Allariz, ocupado ex novo arredor do século I despois de Cristo e abandonado no III. 

A inscrición para participar nesta campaña de 2021 xa está aberta. O alumnado de Arqueoloxía, Historia, Historia da Arte e titulacións afíns interesado pode inscribirse ata o 15 de maio no formulario web habilitado polo GEAAT.

Na campaña arqueolóxica, explica Adolfo Fernández, director do proxecto arqueolóxico, "sairemos da finca da Atalaia e iremos cara fincas que están ao lado para seguir ampliando o xacemento". A intención, detalla, “é ampliar a zona de escavación cara o leste, onde está a rúa central e a domus do leste ou do tríscele". 

Te puede interesar