PROGRAMA SOCIAL

"Vacacións en paz", en marcha para acoller en verán a nenos saharauis

Os interesados neste programa teñen ata o día 22 de marzo para apuntarse

Xa está en marcha o programa 'Vacacións en paz 2017', a iniciativa do Concello de Ourense para que menores saharahuis pasen os meses de verán na cidade. O prazo para que as familias interesadas podan apuntarse no Rexistro Xeral estará aberto ata o 22 de marzo. 

Os obxectivos deste programa que o Concello impulsa dende 1996 coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui é que nenos de entre oito e doce anos teñan unha atención médica completa, unha alimentación máis variada á que limitan as extremas condicións do deserto do Sáhara, así coma os vencellos de amizade e afectivos que establecen na nosa cidade coas familias que os acollen e os seus entornos. 

Pódese consultar toda a información de Vacacións en Paz no programa de Inmigrantes e Emigrantes Retornados do departamento de Asuntos Sociais ou no teléfono 988-232-316.

Te puede interesar