Música

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música O Fiadeiro

A Escola de Música Tradicional O Fiadeiro da localidade de San Benito, no concello de Pereiro de Aguiar,  abriu xa o prazo de inscrición

A Escola de Música Tradicional O Fiadeiro da localidade de San Benito, no concello de Pereiro de Aguiar,  abriu xa o prazo de inscrición para as súas actividades do curso 2017/2018. Entre as actividades que ofertarán a escola musical para este próximo  curso, atópanse as clases de aprendizaxe de  gaita a todos os niveis, os cursos de percusión tradicional ou de canto, onde se formarán grupos  de cantareiros. 

Para obter máis información sobre a oferta de música tradicional ou inscribirse,  os interesados poderán mandar unha solicitude a través do correo electrónico [email protected] ou chamar ao teléfono 674 608 413 ata o vindeiro 15 de setembro.  

Te puede interesar