PRAZA DE ABASTOS

Aberto o prazo para optar á xestión da Praza de Abastos da Ponte

OURENSE. 19.01.2015. PZ ABASTOS A PONTE, VISITA MINISTRA. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Un puesto de la plaza de abastos de A Ponte. (MIGUEL ÁNGEL)

O Concello ademáis, indicou que os interesados en facerse coa xestión integral da Praza de Abastos terán 15 días para presentar ofertas 

O Concello de Ourense abriu o prazo, logo de publicarse o anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia, para presentar ofertas ao concurso para adxudicar a xestión integral da Praza de Abastos da Ponte, cos seus pregos de cláusulas técnicas e particulares. Ábrese un prazo de 15 días naturais, até o 19 de abril, para presentar solicitudes a través do Rexistro Xeral.

O prego regulará as condicións de adxudicación da explotación de todas as góndolas comerciais do mercado sito na planta baixa e soto do edifico sito na Avenida das Caldas, 6. Son 8 postos (froitas, queixos, viños, peixes, carnes, charcutería, pan e delicatessen), máis unha zona de restauración-bar e unha área de degustación. Os interesados deberán presentar as súas propostas económicas a partir de 52.737,85 euros anuais, IVE incluído, tipo mínimo de licitación.

As propostas recibidas valoraranse de acordo coa oferta económica realizada (até un máximo de 80 puntos), investimento comprometido (10) e modelo de xestión (10). Con este perséguese que o mercado sirva de dinamizador da actividade turística e comercial do barrio, que poña en valor o produto fresco, e ofreza o atractivo da degustación.

Logo de recibir as propostas, o acto de apertura de proposicións terá lugar nun prazo non superior a 7 días a contar dende a apertura da documentación administrativa. Este acto será público e a determinación do día e hora realizarase mediante anuncio no perfil do contratante da páxina web do Concello de Ourense (www.ourense.gal). A apertura da oferta económica, pola súa parte, realizarase unha vez valorados os criterios non cuantificables automaticamente. O acto igualmente será público e anunciarase a través da mesma vía.

Te puede interesar