ENTREVISTA

Acisclo Manzano: "Nunca pensei que me fosen dar un premio co nome de Don Ramón. Isto enche a un"

Premios Otero Pedrayo en el pazo de Trasalba
24-10-17
photo_camera Acisclo Manzano

O escultor ourensán Acisclo Manzano asegugurou durante a súa intervención na Casa-Museo de Otero Pedrayo que "seguiremos traballando con toda a ilusión por Galicia".

Que significa recoller este premio na casa Otero Pedrayo, onde compartiron amizade?

Foi unha cousa moi agarimosa, convivín aquí con el e con Don Vicente. Hai moitos recordos. Nunca pensei que me fosen dar un premio de Don Ramón, iso enche a un. El era un home de conversas de moito respecto, chamábame o "artesán da madeira". Era cercano á vez que distante, tamén cariñoso.

Recibiu moitas homenaxes. Esta é a mellor?

Poder levar o nome de Ramón Otero Pedrayo, co que compartín tanto, é especial.

E ademáis, co seu amigo Buciños. Como é?

É unha honra que nos deran este premio xuntos. A súa escultura é marabillosa, somos da mesma época. El traballaba a madeira e o bronce, pero facíamolo na mesma liña. Fixemos unhos "Cristos" para igrexas e outros lugares e el dáballe pola dereita e eu pola esquerda. Compartimos taller e viaxes. Eu débolle moito aos meus mestres, aínda non fixen a peza que sexa o máximo de toda a miña obra. Será do tamaño dunha noz, é o resumo perfecto da miña traxectoria. 

Te puede interesar