Adercou e UVigo colaboran para impulsar a dieta de proximidade

 Hai 8 concellos da contorna que solicitaron recibir estes obradoiros 
A Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou) e a UVigo poñen en marcha as sesións formativas e prácticas do proxecto de colaboración entre ambas institucións que ten como obxectivo a posta en valor da gastronomía de proximidade e o acercamento da universidade á realidade do territorio. Hai 8 concellos (Cartelle, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Esgos, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín)  pertencentes a Adercou que solicitaron recibir estes obradoiros para dar a coñecer á poboación o valor nutricional dos alimentos, así como a importancia de saber entender unha etiquetaxe ou como conservar os excedentes das hortas. Os cursos celebraranse durante as fins de semana e comezarán o venres 4 de marzo en Cartelle e o 5 no Pereiro e San Cibrao.

Te puede interesar