Adxudicada a obra de mellora da contorna da casa cuartel de Esgos

A Xunta de Galicia adxudica por máis de 159.000 euros o proxecto para levar a cabo a humanización da contorna da casa cuartel do concello de Esgos

A actuación, que será financiada conxuntamente por ambas administracións, cunha achega da Xunta do 70% e do 30% por parte do Goberno local, ten un prazo de execución máximo de tres meses. 

O proxecto pretende facer accesibles as beirarrúas mantendo as cotas, colocando varandas e ampliando a largura. Tamén se revisará o sumidoiro lonxitudinal na entrada dun garaxe, reporase a rega asfáltica e reorganizaranse os espazos peonís e de aparcamento coa creación de zonas verdes e aparcadoiros.

Te puede interesar