XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello aforrou "100.000 euros" producindo especies no viveiro municipal

Ademáis, na xunta de goberno local aprobouse unha partido de máis de 130.000 euros para rehabilitar inmobles na cidade

O Concello de Ourense aforrou en torno a 100.000 euros, segundo as estimacións de Medio Ambiente, a través da produción e recuperación de árbores, plantas e arbustos no Viveiro Municipal no período de setembro de 2015 a outubro de 2016. 

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, afirmou que "un dos obxetivos que se marcou este goberno municipal foi a recuperación deste servizo municipal, que hai máis de 10 anos chegou a converterse nun dos viveiros de carácter público de referencia na Península". 

Na clonación de arbustos, o viveiro produciu un total de 4.600 exemplares, o que equivale a un total de 64.000 e 73.600 euros en produción de arbustos. No referido a recuperación de árbores danados por impactos de accidentes, actos vándalicos escaseza de augas ou pragas e enfermidades, recuperáronse 35 exemplares cun valor de 4.420 euros. Outro dos puntos nos que se aforra está refereido á realización de xardineiras. En total, foron 42 as realizadas e repartidas por diferentes puntos do Concello cun valor de 3.680 euros. E por último, suministráronse un total de 237 metros cúbicos de compost vexetal cun valor de 21.330 euros. 

Demolición vivenda de Reza

Na Xunta de Goberno tamén se anunciou que se corrixiu un erro no recurso e liquidación provisional no expediente de demolición dunha vivenda en Reza. O alcalde asegurou que se abre a posibilidade de abrir ou presentar recurso sobre a liquidación de gastos dunha vivenda demolida en 2015". 

ARRUs

Tamén se anunciou que se otorgaron 130.294 euros para 7 subvencións solicitadas polos propietarios de inmobles ARRU Polvorín-As Camelias-A Carballeira. 

Concurso de Beléns

Ademáis, se aprobaron as bases para o concurso de Beléns, que estará dotado de 2.000 euros en premios e que ten por obxectivo implicar ao sector comercial da cidade na ambientación de Nadal en Ourense. 

Te puede interesar