A axencia autonómica destinará a través dun convenio 8.000 euros ao certame, que se desenvolverá dende o 14 ao 23 de marzo

O AGADIC colaborará económicamente no Festival de Música Pórtico do Paraíso


A Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC apoiará a sétima edición do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, que organiza o Concello. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión desta mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e AGADIC polo que a axencia, dependente da Xunta de Galicia colaborará no certame ourensá, aportando unha cantidade de 8.000 euros para esta edición.

Esta será a terceira ocasión na que AGADIC colabore económicamente co festival ourensán. Na súa sétima edición, que se desenvolverá do 13 ao 23 de marzo en diferentes espazos da cidade, ofrecerá, segundo destaca o convenio “un amplo e variado programa de concertos de solistas e grupos de excelente calidade ademais de servir como foro de encontro e formación durante os días de celebración do evento”.

O convenio expón que o Concello de Ourense organiza “como unha cita ineludible no eido musical” o Festival internacional de Música de Ourense, “un dos festivais culturais máis importantes da cidade e que, ano tras ano, malia súa relativa xuventude vai conseguindo que a cidade ourensá se faga un oco no eido da música culta, superando asi mesmo as fronteiras galegas e espertando o interese non só dos melómanos senón do público en xeral”. Un público _continúa_ “que ten así, grazas a esta iniciativa, a oportunidade de escoitar a intérpretes de primeira liña e que ven avalado polo gran éxito de público colleitado dende que botara a andar no ano 2008”.

Subliña o convenio que Agadic e Concello consideran esencial o establecemento de accións conxuntas durante 2014 “que profundicen na promoción e potenciación do sector musical galego a través da colaboración neste evento, que destaca pola súa firme aposta pola música culta e polo seu continuo esforzo en contar con ampla participación nacional e internacional”.

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local deu o visto bo á sinatura dun novo convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e AGADIC, neste caso para a realización da programación das actuacións culturais incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre de 2014.

Este acordo dá continuidade á colaboración que veñen mantendo Concello e AGADIC para a programación de actividades culturais no Auditorio Municipal, que se articula a través de convenios de colaboración de vixencia semestral.

Neste caso, serán un total de 18 representacións de 14 espectáculos diferentes no Auditorio ourensá, que serán cofinanciados polo Concello, que realizará unha achega económica de 13.665,50 euros, e AGADIC, que aportará 16.109.

Te puede interesar