ENTREVISTA

Alberto Gallego: “En España houbo un desmantelamento total da cooperación internacional"

niña
photo_camera Alberto Gallego Hernández, con Daniela Mesa, de Save the Children.

Alberto Gallego Hernández convertiu a cooperación na súa única forma de vida.

Alberto Gallego Hernández naceu en Plasencia (Cáceres), aínda que se criou na pequena aldea de Bemposta, en Vilardevós, da que é natal o seu pai José. Era rebelde, lixeiramente picapleitos e levábase a matar co que acabaría sendo o seu mellor amigo da infancia, Santiago.

Cunha personalidade marcada, ninguén podería sospeitar que a súa vocación e a súa traxectoria acabarían derivando lonxe da terra que o viu medrar e en proxectos íntimamente ligados aos nenos, pero fóra do seu país.

A cooperación convertiuse na súa única forma de vida, e lonxe de España, porque "aquí houbo un desmantelamento total da cooperación internacional". Os resultados dos proxectos levados a cabo en Perú e Ecuador pola oenegé Save the Children teñen o seu selo de calidade, él é o responsable de que todos eles cumpran os parámetros esixidos pola organización.

¿Que leva a un xove recén licenciado a enrolarse neste tipo de proxectos?

Cando rematei a carreira xa participaba en diferentes colectivos, tiña as miñas inquedanzas. Coincidiu que por aquel entón estaba tendo lugar a guerra de Irak. Comezas a ver as inxustizas que se están a dar no mundo e decido facer un máster de cooperación e desenvolvemento. Cando o rematas, queres saír para ter a experiencia e aprender, e unha vez, cando te vas fóra e ves como é todo é cando descubres que queres facer isto, aínda que moita xente empeza e o deixa polo duro que é. 

Coñecendo aos teus pais, supoño que a decisión lles sorprendeu.

Sen dúbida, ao principo lles parecía una loucura. Qué é isto? Para qué sirve? Qué vas a facer? De qué vas a vivir? Pero acabaron entendendo que se pode acadar un futuro cooperando, que non axudando, e che aseguro que polo de agora non me plantexo voltar. É a pregunta que todo o mundo me fai. A xente non o entende, o traballo é bonito, gústame, estou contento, teño traballo e en España igual non o tería.

Tan mal está España en materia de cooperación para non ofertar ningunha saída profesional digna?

No ano 2008, adicábase á cooperación internacional o 0,45 por cento da renda nacional bruta. Agora estáse adicando o 0,13. Houbo un desmantelamento total da cooperación internacional en España, estamos á cola de Europa e do mundo. Incluso Grecia ou Portugal, hoxendía, derivan á cooperación máis diñeiro que España. 
 
Supoño que parte da razón radica na etapa de crise que viviu e todavía vive o país.

Non sei realmente cáles son as razóns. Pero Grecia ou Portugal non están mellor que España. Ademáis, existe un compromiso asinado dende 1972 na asemblea xeral da ONU por todos os países para alcanzar o 0,7 por cento. O caso é que o goberno diminuiu ata nun 70 por cento a aportación á cooperación. A maioría da xente que se adicaba a este tema tivo que deixalo. Eu son un emigrante máis, a min quen me paga é Perú. Non traballo en España, non cotizo no que é o meu país. 

Obrígasme a preguntar polo futuro deste tipo de organizacións se a política previsible segue sendo a da reducción do gasto.

Si, a situación é moi delicada para este tipo de colectivos. Estáse inclinando a balanza cara o lado das aportacións privadas, pero nunca se chegará aos niveis da aportación pública. En España comézase a mudar nese sentido, seguindo un chisco o que ocorre en Italia, sen ir máis lonxe. Cando o Estado deixa de aportar fondos, a sociedade increméntaos, pero nunca chegará a ser o mesmo. 
 
Cóntanos como é un día de traballo en Save the children dende a óptica das súas responsabilidades.

Ocúpome de coordinar a calidade dos programas de cooperación desta oenegé. O que fago é ver de xeito transversal todas as propostas que pasan pola miña área tanto de Perú como de Ecuador. Facemos monitoreo e avaliación dos proxectos que temos, porque é moi importante rendir contas, a xente quere saber qué se fai cos seus diñeiros. O control é exhaustivo, hai que xustificar factura por factura. Non deixa de ser un traballo moito de oficina. 

Por certo, mencionou con anterioridade que vostede chegara para cooperar, no para axudar. Explíqueme a diferenza.

Nós non chegamos para salvar á xente nin nada polo estilo, axudar é un concepto que está por encima do outro. Non son máis ca ti porque veño do Norde e teño fondos... non, ten que ser recíproco. 
 
¿En qué está traballando a súa institución agora mesmo?

Estamos enfocados nun plan específico de mellora da educación, protección infantil e reducción da violencia sexual. Estamos traballando polos dereitos das nenas e adolescentes embarazadas, porque en Perú hai un 15 por cento de adolescentes embarazadas de media. Na selva, a porcentaxe achégase ao 25 por cento. 

Teño a impresión de que hai moito traballo por facer e nunca é suficiente. Seguro que neste tipo de organizacións, ás veces, se cae no desánimo.

Hai xente que igual pensa que non vale para nada o traballo que facemos, porque a desigualdade é moita no mundo e non se chegan a todas as necesidades que se detectan. Pero eu son dos que pensa que si que vale, porque aínda que chegue a cen casas nos Andes e se mellore algo, para min será suficiente. 

Chegará un día no que se chegue ao equilibrio e non sexa necesario contar con cooperantes?

Ese día chegará cando os países do Norde non sigan explotando aos países empobrecidos. É a globalización que estamos a vivir, que está así montada.  
 

Te puede interesar