OPERACIÓN PATOS

O alcalde anuncia "total colaboración" cos investigadores

Agustín Fernández explicou a actuación policial de onte no Concello, que se limitou a "levarse un expediente" de Cespa. Ademáis, en relación á Pokemon, remarcou ter "moitas dúbidas" coas probas recollidas.

Trala presentación do festival Portas do Paraíso, o alcalde de Ourense atendeu aos medios nunha comparecencia que se basou principalmente nos frentes abertos na Operación Patos e a Pokemon.

En relación coa Operación Patos, que saiu onte á luz pública cos rexistros en empresas, organismos públicos e seis concellos galegos, entre eles Ourense, Fernández mostrou a súa "total colaboración e transparencia absoluta".

O rexidor explicou que os membros da policía que se personaron a primeira hora no Concello buscaban o procedimiento de contratación do mantemento das zonas verdes, adxudicado a Cespa, empresa epicentro desta suposta trama de corrupción. Agustín Fernández aclarou que, unha vez localizado o documento, os axentes retiráronse sen levar a cabo ningunha actuación máis.

Operación Pokemon

Inquirido polas novidades da Pokemon tras o levantamento completo do segredo de sumario, o rexidor ourensano planteou ter "moitas dúbidas". "Hai demasiadas probas baseadas en conversacións", sinalou un Fernández que observa "moita diferenza" entre o que dúas personas poidan falar dunha terceira e o que ésta puidera facer. "Do dito ao feito hai un treito", sintetizou o alcalde de Ourense.

Cuestionado precisamente pola actual situación dunha das persoas implicadas neste proceso xudicial, Álvaro Ulloa, ex xefe da policía local, Agustín Fernández explicou que foi retirado do seu posto debido á esta investigación, pero que seguirá a a ocupar o seu posto de funcionario de Concello "mentras non se produza unha sentencia en firme".

Para finalizar, despois de volver a pedir a presunción de inocencia para os implicados na Pokemon e defender a honorabilidade do Concello, o rexidor socialista sinalou que estas operacións contra a corrupción en Galicia "non se deben converter nun proceso xeral contra a actividade política".

Te puede interesar