GOBERNO LOCAL

O alcalde pide "pasos definitivos" para "ilusionar a cidade con novos proxectos"

Jesús Vázquez expresou os seus desexos para este 2017 e tivo en conta as prioridades dos cidadáns na súa carta aos Reis Magos

O alcalde da cidade asegurou que na súa carta aos Reis Magos ten prioridade o benestar dos seus veciños co obxetivo de "ilusionar a cidade con novos proxectos" e "intentando traballar para que esta cidade sexa un lugar onde os nosos veciños gocen en nivel de atención importante". Explicou que "a cidade ten unhas problemáticas concretas" e "grandes investimentos en infraestruturas que están por vir". Expresou que para este 2017 "teñen que seguir dando pasos máis rápidos para a integración do AVE" e realizar "pasos definitivos" para a construcción da Intermodal. 

Jesús Vázquez rematou pedindo "dar pasos definitivos para que a cidade se converta nunha capital que xenera riqueza" e para que  "os seus veciños se sintan orgullosos dela"

Te puede interesar