POLÍTICA

Jesús Vázquez recrimina a DO que "acuda ó insulto" para defender a rebaixa do IBI

O voceiro de Democracia Ourensana insistiu estos días en que é factible unha rebaixa do 20% no Imposto de Bens Inmobles na cidade

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, respondeu ao plantexamento do voceiro de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, en canto a unha rebaixa do IBI na cidade.

O líder de DO insistiu estes días en que "é factible rebaixar un 20% o Imposto de Bens Inmobles no Concello de Ourense", acusando ó goberno local de "insultar a la ciudadanía diciendo que es irrealizable".

O rexidor ourensán contestou a este plantexamento de Jácome, recriminándolle que acude ó insulto para defender as súas propostas. "Entendo que esté ante unha etapa de moita debilidade polo resultado das enquisas", engadiu. 

Te puede interesar