Alén anima ás emprendedoras a unirse ao programa Emega

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou onte un establecemento comercial da cidade, Zapatería Word Mujer, beneficiario do programa Emega de emprendemento feminino, e animou a todas as mulleres a acollerse ao mesmo, logo de que fose aprobada recentemente unha convocatoria.

O delegado territorial informou da recente publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta liña de apoio, que está dotada co seu máximo orzamento, 3,2 millóns de euros, un 54% máis do que había na convocatoria 2020, no que apoiou a cifra récord de 197 iniciativas femininas que xeraron 227 novos empregos.

Gabriel Alén subliñou que “apoiar o empoderamento económico e social das mulleres fomentando o emprego feminino liderado por elas mesmas é un dos piares irrenunciables sobre os que se asenta a actuación da Xunta”.

Te puede interesar