VENDAVAL

A alerta laranxa obriga ao peche de parques polo risco de caída de árbores

Concretamente, os parquesde San Lázaro, do Barbaña, de Quintela, da Zapatilla, a Praza da Marina, o Xardín do Posío e a Alameda

O Concello de Ourense, atendendo ás recomendacións da Dirección Xeral de Emerxencias e do Servizo de Bombeiros, pechará ata novo aviso sete parques da cidade para evitar danos nas persoas pola nivel de alerta laranxa, que ten como resultado ventos do Sur e Sudoeste con rachas de ata 110 km/h.

Concretamente, os parquesde San Lázaro, do Barbaña, de Quintela, da Zapatilla, a Praza da Marina, o Xardín do Posío e a Alameda.

Dende o Concello recomendan:

  • Retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados.
  • Camiñar preto das fachadas dos edificios e vixiar a posible caída de obxectos.
  • Evitar pasar preto de edificios ruinosos.
  • En caso de ter que usar o vehículo informarse antes do estado das estradas e circular con precaución, así como non utilizar vehículos lixeiros como ciclomotores.

 

Te puede interesar