METEOROLOXÍA

Alerta por nevadas na provincia a partir das 20,00 horas deste martes

O noroeste da provincia, así coma as zonas montañosas e a comarca de Valdeorras veranse afectadas pola neve

Galicia quedará o martes nunha situación intermedia entre a borrasca situada en Azores e as altas presións do norte de Europa, o que deixará un corredor de ventos intensos de compoñente este que achegarán aire moi frío para esta xornada.

Espéranse ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto pola mañá. Co avance do día, unha fronte cálida irá entrando polo sur, con aumento de nubes e precipitacións que comezarán á tarde no sur das provincias de Pontevedra e Ourense e á noite serán xeneralizadas.

Durante a madrugada do mércores as precipitacións serán de neve en calquera cota das provincias de Lugo e Ourense, no norte e interior da provincia da Coruña e no interior da provincia de Pontevedra.


Ourense


No noroeste da provincia haberá alerta amarilla por neve a partir das 20 horas do martes e ata o día seguinte. As zonas que se verán afectadas son aquelas de cota superior a 400 metros, cunha probabilidade do 40 ao 70%. 

Porén, en todas as zonas montañosas haberá alerta vermella e/ou laranxa por neve a partir das 20 horas do martes e ata o día seguinte. 

En Valdeorras tamén haberá alerta laranxa por nevadas, na mesma franxa horaria. 

Te puede interesar