O alumnado de Aeroespacial achégase ao traballo de Airbus

Foto: Airbus
photo_camera Foto: Airbus

A Escola  de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense acolleu onte pola tarde a conferencia “Airbus. Enxeñando sistemas: tráfico aéreo e navegación”, ofrecida por David López Filloy, lead ATM engineer de Airbus, unha compañía internacional líder en deseño, fabricación e subministro de produtos, servizos e solucións aeroespaciais e que conta con arredor de 130.000 empregados.

A iniciativa formou parte do Foro Aero, un ciclo de conferencias divulgativas organizadas cada cuadrimestre pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e que ten como obxectivo achegar ao seu alumnado e profesorado, pero tamén ao público xeral interesado, cuestións de interese para a súa formación, como o traballo que realizan empresas do sector ou institucións relacionadas con el. 

Te puede interesar