Alumnado da UVigo leva a música ás escolas infantís

TOÉN (ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL"). 05/09/2018. OURENSE. La delegada territorial de la Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada del alcalde de Toén, Amancio Cid Pérez, visitan la escola infantil "A Galiña Azul" de Ribadela. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Escola Galiña Azul de Toén. FOTO: ÓSCAR PINAL.
Participaron na iniciativa tres escolas infantís Galiña Azul: as de Coles, Pereiro de Aguiar e Toén

Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense desenvolveu recentemente o proxecto músiCA(c)TIVA: sesións musicais en escolas infantís do rural ourensán. A iniciativa foi unha das elixidas na convocatoria de proxectos de aprendizaxe-servizo do curso 2023-2024 da Universidade de Vigo, que busca incentivar que o estudantado aprenda facendo un servizo á comunidade.

“Unha educación de calidade debera previr dificultades, resarcir desigualdades e potenciar singularidades, para o que resulta moi útil relacionarse coa música, que é unha ferramenta cun gran potencial educativo”, comenta Lucía Casal, profesora da Área de Didáctica da Expresión Musical da UVigo responsable de músiCA(c)TIVA. Así, engade sobre o interese de desenvolver este proxecto, “malia que a estimulación musical temperá achega numerosos beneficios ao desenvolvemento integral das crianzas (entre eles, os ligados á saúde e ao benestar), a oferta de sesións musicais para bebés en Ourense é, especialmente no rural, tan pobre como inaccesible para boa parte das familias”.

Neste contexto, o proxecto comezou coa explicación da fundamentación do deseño de sesións musicais para bebés ao alumnado da materia Expresión Musical e a súa Didáctica. A materia, apunta, forma parte do proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo Social sobre aprendizaxe cooperativa. A partir deste punto, o alumnado desta materia deseñou, dividido en equipos, sesións de música para bebés; ensaiounas na facultade, co fin de establecer propostas de mellora, e finalmente desenvolveu estas sesións nas escolas infantís elixidas. Concretamente, participaron na iniciativa tres escolas infantís Galiña Azul: as de Coles, Pereiro de Aguiar e Toén.

Te puede interesar