EDUCACIÓN

O alumnado ourensán, en folga para reclamar o final da Lomce

Os estudantes piden unha Lei autonómica de Educación desde unha perspectiva galega

Ourense acolleu este xoves a primeira folga educativa do curso. Unha convocatoria, apadriñada polo sindicato de estudantes Erguer, co obxectivo dar o golpe definitivo á Lomce e reclamar o impulso dunha alternativa propia fronte aos traballos da subcomisión destinada a lograr o desexado pacto educativo estatal: unha lei autonómica de Educación desde unha perspectiva galega.

"Que non caía no esquecemento"

A semana pasada, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou publicamente o seu apoio á xornada de folga, unha convocatoria que está aberta ao resto de organizacións que queiran sumarse.

Un dos portavoces da plataforma e tamén secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, advertiu de que o Goberno do PP está "a aproveitar a conxuntura" para implantar a chamada `Lei Wert` fronte a unha oposición "que incumpre os seus compromisos" e que "non é capaz de impedir" o "atasco" da subcomisión no Congreso para lograr o chamado pacto educativo.

"Non é máis que un paripé para dar a entender que existe un debate sobre a súa implantación", advertiu, todo iso mentres o goberno de Mariano Rajoy continúa "coa mesma unilateralidade e autoritarismo" que caracterizou todo o proceso de tramitación da norma.

OURENSE 16/11/2017 Subdelegacion del gobierno, manifestacion de estudiantes contra la LOMCE, foto Gonzalo Belay

Te puede interesar