O Concello dona á Asociación contra o Cancro de Ourense un cheque por valor de 2.200 euros

A andaina solidaria de Cenlle convocou a 1.100 camiñantes

Os participantes na andaina, xunto á igrexa vella de Laias, no momento da saída. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A 'Andaina solidaria' organizada polo Concello de Cenlle superou onte tódalas expectativas de participación, xa que foron un total de 1.100 as persoas que se inscribiron nesta actividade, que nesta segunda edición foi adicada á Asociación contra o Cranco de Ourense (AECC). Aínda que a primeira hora da mañá néboa cubría parte do embalse de Castrelo e daba orixe a unha pequena 'orballada', os camiñantes poideron disfrutar logo dun tempo axeitado para percorrer o itinerario previsto, duns 18 quilómetros de lonxitude.
Así, pasadas as 9.30 horas, partiron do contorno do Balneario de Laias para continuar polo novo sendeiro que discurre pola beira dereita do río Miño ata chegar á localidade de Barbantes, dende accederon á ladeira do monte de San Trocado cruzando a N-120 (Logroño-Vigo). Seguiron subindo para bordear os núcleos de Razamonde, Xubín e Vilar de Rei, e retornaron a Laias dende a mesma estrada.


DONACIÓN

Durante a ruta, os sendeiristas, entre os que se atopaba o alcalde de Cenlle, Manuel García, dispuxeron de puntos sinalados para repoñer forzas con auga, bebidas isotóncias, bocadillos e plátanos, mentres que a organización tamén ofreceu empanada e tortilla. O concelleiro de Cultura de Cenlle, Gabriel Alén, destacou que 'non pensamos en convocar a tanta xente, que case dobrou os 600 participantes do ano pasado'. Istes tiñan que abonar unha cuota de cinco euros, 'dos cales tres son para os gastos da organización e dous para a Asociación contra o Cancro, á que lle entregamos un cheque simbólico polo total da donación, 2.200 euros', engadiu o edil.

O Concello de Cenlle xa ten perfilada a que será a súa terceira 'Andaina solidaria'. Gabriel Alén adianta que o itinerario comprenderá aqueles pobos que estáns perto do municipio de Ribadavia, incluindo unha subida ata San Sadurnín. Só está pendente o colectivo que será obxecto de doación.

Te puede interesar