POLÍTICA

Anova abre en Ourense o debate programático para a reunión nacional

<p></p>

A formación nacionalista reúnese no Campus para reforzar o proceso de confluencia en candidaturas de unidade popular para as vindeiras eleccións.

Unha reunión no Edificio de Ferro do Campus iniciou en Ourense o proceso de organización que Anova puxo en marcha e que desembocará na conferencia política nacional do vindeiro mes de abril. Coa presencia de Antón Sánchez, deputado de AGE no Parlamento galego -finalmente non estivo Xosé Manuel Beiras, aínda que estaba previsto-, os militantes evaluaron o papel desta formación e a súa mellora organizativa, para que sexa, din, un instrumento máis útil no proxecto "de liberación nacional, social e de xénero para os galegos". Amosáronse partidarios do reforzamento da unidade popular de cara ás eleccións galegas. Evaluaron tamén a función de En Marea e o desenvolvemento de propostas programáticas, que se recollerán nunhas conclusións de cara á conferencia nacional de abril.

Te puede interesar