CIUDADANOS

Antón Faílde, o artista que superou os seus límites

Ourense. 14/05/2018. Presentación libro remaquetado sobre Antón Faílde en la Escuela Superior de deseño Antón Faílde. En la foto Xosé Lois Vázquez, Jesús Vázquez, Mariluz Fernández, César Taboada, Román Rodríguez, Miguel Faílde, Xabier limia y Marisol Díaz.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Xosé Lois Vázquez, Jesús Vázquez, Mariluz Fernández, César Taboada, Román Rodríguez, Miguel Faílde, Xabier Limia e Marisol Díaz, na presentación do libro sobre Antonio Faílde, onte na escola que leva o seu nome na cidade.

Presentada a reedición da biografía do escultor, obra de Limia de Gardón

A EASD Antón Faílde da capital ourensá acolleu onte a presentación oficial da biografía do escultor ourensá, baixo o título de "Antón Faílde: o escultor que escoitou a música das pedras", obra de Xabier Limia de Gardón. No acto institucional estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González; o alcalde ourensán, Jesús Vázquez; César Taboada, director da escola; Marisol Díaz, delegada da Xunta ou Manuel Faílde, xunto ao autor da obra. 

O libro, editado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, contou coa participación de César Taboada, con motivo do trinta aniversario do centro de formación artística da cidade. Esta é unha nova edición, traducida ao galego e cun aspecto renovado, da biografía elaborada no ano 2001 por Limia de Gardón.  


HISTORIA VITAL E ARTÍSTICA


Esta obra chegou como un encargo a mans de Limia, quen comezou a realizar unha investigación polo miúdo da figura do escultor ourensán, así como da súa amplia e numerosa creación. "É un home, en canto a persoa, feito a si mesmo. Comezou como canteiro e marmolista e decidiu dar o gran paso ao mundo da arte", explica o historiador. Faílde, a partir do seu oficio como escultor de obras para os cemiterios, evolucionou grazas aos libros de arte, consciente das súas limitacións. Nos anos 60 comeza a realizar obras públicas en numerosas localidades de toda a comunidade galega, moitas delas referenciadas no libro. Nesta segunda edición, Limia engadiu varias achegas novas, entre as que destacan as tumbas do cemiterio de Cea. "Moitos dos seus traballos eran encargos, a gran maioría relixiosos, pero aínda así sempre deixaba algo do seu carácter nesas obras", comenta Limia. Pola outra banda, a título persoal, realizou obras con temática femenina ou infantil, coma a figura dunha muller espida que se pode ver no Parque do Miño da cidade. 

"As súas figuras parecen bloques, son moi potentes. Como el mesmo dicía, esas pedras que o inspiraban estaban cheas de vida, á que el lle daba forma", explica o autor da biografía.

Te puede interesar