A directora gañou o Premio Max como mellor autora galega

Anxeles Cuña: 'O Premio Max é unha mostra de que en Galicia hai bos dramaturgos e de destintas xeracións'

A directora teatral Ánxeles Cuña obtivo o premio Max na categoría de 'Mellor Autor Teatral en Galego', nunha gala que se desenvolveu onte en Madrid, e na que foi galardoada pola obra 'Dáme veleno, eu tamén sei soñar', que conta a historia dun escritor de soños que reclama ou seu dereito a amar, morrer e vivir dignamente.
Como se sente por recibir este premio, e de estar nomeada xunto a grandes dramaturgos como Cándido Pazó, Jorge Rey e Roberto Salgueiro

É un gran honor recibir un premio Max, e máis tras compartir con tres compañeiros de profesión especataculares e queridos, que imos no mesmo barco. Quero agradecer a toda a xente que nos votou, pois nós non fixemos campaña de promoción pensando en que se nos merecemos un premio daránnolo e iso é unha alegría. Este premio é unha mostra de que en Galicia hai bos dramaturgos e de distintas xeracións, sen esquecer que estes galardóns dan a coñecer acontecementos teatrais que están fóra das redes estatais de distribución.



Si, nesta categoría gañou a companía de Aragón, Metrópolis, cun espectáculo que rendiu homenaxe a Chaplin con preto de 90 actores en escea. Síntome contenta de que gañen pois se alguén gaña con mérito é coma se gañasemos nos.Agradezo, ademais, ás persoas do circuíto galego que seleccionaron a obra 'A Esmorga' de entre máis de 30 traballos, e o apoio ofrecido por moita xente para que a obra estea enchendo espazos como a Rosalía de Castro e consolidándose fóra das nosas fronteiras.



Por suposto, o mérito pertence a ela tamén pois colaborou na creación do texto. Begoña encheunos da conciencia necesaria para estar orgullosos de vivir en Galicia e ser galegos cun idioma propio que non resta, máis ben suma. Ela é un testemuño de poder soñar cun mundo de felicidade a pesar de que prevalezan as inxustizas. Ela foi a miña alma como nai, profesora, amiga, compañeira e irma.O premio Max será unha forma para que Begoña sexa coñecida fóra.


Foi unha filtración clara. Se rumorea, aínda que non o sabemos con certeza, que tivo que ver que a Sociedade de Autores despedise a moitos traballadores, sendo o 90% mulleres. A pesar diso, creo que o adianto dos nomes de gañadores non restou emoción algunha á gala, que foi austera pero lixeira e divertida.

Te puede interesar