Portavoz nacional do BNG

Anxo Quintana: ’Cando Zapatero precisa maioría non chama ós galegos do PSOE ou do PP, chama ó BNG’

Anxo Quintana, o pasado martes pola tarde en Ourense.
O Voceiro Nacional do BNG bota o resto no empeño de lograr ’un grupo forte’ ou ’decisivo’ en Madrid para poder influir na política estatal en beneficio de Galiza. ’Cando Zapatero necesita maioría, non chama ós deputados galegos do PP ou do PSOE, chama ó BNG’, dice Quintana.
¿Cómo valora os debates televisivos?

Evidenciaron que si participa o BNG, Galiza está presente. Si non, fallan propostas e, incluso, educación. Os de Zapatero e Rajoy foron decepcionantes, só un instrumento de utilización bipartidista. En cuanto ó debate galego, demostrou que a política e máis rica e plural do que significan PP e PSOE.

¿Os debates a dous dañan ó BNG?


Tal como foron plantexados, a quenes dañan é ós que participaron neles, PP e PSOE. Eu confío plenamente nos cidadáns galegos, e a nengún lle pode pasar desapercibido que nun debate o que se le confire tanta relevancia, Galiza esté ausente, tirando por terra os argumentos que defenden ambos partidos eiquí. Non figura entre as prioridades de ningún dos dous.

¿Cómo ve as enquisas?


Amosan tendencias, e algunhas a estas alturas xa parecen evidentes. A primeira, que o BNG é unha forza ascendente, que non vai haber maiorías absolutas, o cual vai a ser positivo, xa que o BNG poderá aproveitar para ser decisivo en Madrid. Ainda hai outra evidencia, que é que o PP xa ten as eleccións perdidas.

¿Qué representaría para Galiza ise escenario?


Antes precisamos de xeito imprescindible un BNG forte e decisivo en Madrid, porque o que nos vamos a facer alí non o vai a asumir ningunha forza política. Ou o fai o BNG ou non se fai. As enquisas ainda evidencian outra cousa, xa que o 65% dos galegos entenden que temos que ter maior peso e consideran positivo que o teña o BNG. Trátase de transformar ise sentimento maioritario en forza electoral.

¿Qué se xoga Ourense na próxima lexislatura?


Somos eternos visitantes nun mercado no que se pode vender, comprar ou mirar. Ourense pasou demasiados anos mirando no mercado electoral. Agora ten oportunidade de comprar futuro, sabendo perfectamente de que a única posibilidade de estar presentes de verdade no Congreso, é a través de Iago Tabarés e do BNG.

O PSOE insiste en que traerá o AVE chegará a Ourense en 2012.


Si existe unha posibilidade de que a Alta Velocidade chegue nesa data depende de que o BNG sexa determinante en Madrid. Dende Suárez a Zapatero, nunca Galiza foi unha prioridade do Estado ata que fixeron falla os votos do BNG e se lle obligou. A historia me remito: os únicos tres exercicios nos que houbo unha inversión estatal por enriba do 8%, foron os tres últimos, nos que o voto do BNG foi imprescindible. Si en algún momento eso non é así, o ritmo inversor decaerá e o AVE non chegará en 2012.

Existe coincidencia en que as infraestructuras serán cruciais para o futuro, ¿e ademáis deso?

Hai dous eixos fundamentais: a potenciación do sector primario e a consolidación do estado do benestar. Deso é do que se está a preocupar o BNG, como nunca se fixo, e que vai a ter unha repercusión moi positiva para Ourense.

Falando de ser decisivos. O PSOE relativiza esa capacidade e o PP négaa directamente, porque fían ise papel os seus propios deputados.

Só sei que cando a Zapatero lle fan falla os votos para completar maioría non chama nen os deputados galegos do PP nin ós do PSOE, porque sabe que os primeiros sabe que lle fan a decir que non, e cos seus non ten nada que negociar, porque basta con darlles órdenes para que as cumplan. Chama ó BNG, porque sabe que tendo en conta a Galiza pode contar con nós. Por eso o máis progresista nestas eleccións é colocar o BNG con forza en Madrid.

¿Comparte a apreciación de que estamos en crise económica?


É evidente que estamos nun novo ciclo, pero tampouco tan catastrófico como dí o PP, que ten a especialidade de anunciar o fin do mundo cada semán. Agora ben, non podemos quedar de brazos cruzados, como pretende Zapatero. Estamos nunha nova situación e hai que prepararse, porque temos a experiencia que cando España vive unha crise económica, Galiza acaba pagando a peor parte. Baste lembrar a reconversión industrial dos oitenta e a situación que dela se derivou. Si naquil momento houbera un BNG en poder en Madrid, non sufriríamos unhas consecuencias tan graves.

¿Haberá novo Estatuto nos próximos catro anos?


Non o hai xa porque o PP o vetou. A sua derrota o domingo terá que servir para que recapacite e cambie a estratexia. Ademáis deso, tamén eiquí, vai a facer falla que o BNG teña peso suficiente, porque o que tratan os dous partidos centralistas é que Galiza les saia barata. Se por iles fora, o problema territorial do Estado reduciríase a Cataluña, Euskadi e, último extremo, a Andalucía. Nós non contamos, por eso precisamos capacidade para artellar un Estatuto de nación que nos coloque ó mesmo nivel de Euskadi e Cataluña.

¿Cómo ve o galego e a controversia lingüística?


Xa hai problemas dabondo como para que veña Rajoy e o PP inventen un máis. É de marcianos ser capaces de decir en Galiza ou en Ourense que os que queren falar en castelán eiquí teñen problemas. Que digan quénes. É unha auténtica barbaridade. Minten conscentemente, só ca estratexia de gañar votos en Murcia, Extremadura ou Andalucía.

Te puede interesar