Ratificada a ordenanza de limpeza de terreos e solares en Ourense

Esta resolución sigue unha serie de reglas para evitar os incendios en áreas urbanas, interurbanas e rurais en todo o Concello de Ourense.

A primeira moción da sesión plenaria do mes de novembro foi aprobada por 16 votos do PP e o PSdeG e 8 abstencións de Democracia Ourensana e Ourense en Común (xa que Gonzalo Jácome se ausentaba do pleno). A moción era a solicitude de compatibilidade de María Elena de Jesús Rodríguez para desempeñar un segundo posto de traballo na Universidad de Vigo.

A segunda orde do día era a resolución de alegacións e a aprobación definitiva da ordenanza de limpieza de terreos e solares da Concellería de Medio Ambiente. Co fin de evitar os incendios nas áreas urbanas, interurbanas ou rurais puxo enriba da mesa diversas exposicións dos grupos do Concello de Ourense. Así pois Pepe Araújo expuso que "no proceso pedín disculpas e asumo calquer tirón de orellas. Si que houbo unha certa desconexión deste proceso e do proceso administrativo. A ordenanza vai facilitar que os próximos veráns non teñamos situacións tan complicadas. Agradezo a participación".

O portavoz de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, contextualizou a moción e o proceso da moción e expuso que "non se informaron de todas as enmendas de Ourense en Común". Tamén fixo especial atención en que os períodos de alegacións e de exposición pública son "fundamentais" para o proceso asambleario tradicional do grupo da marea.

O socialista Javier Rey culpou o goberno municipal de "falta de participación e o fundamental é que se leve a cabo". O socialista describou o procedemento da da resolución de "extraño".

Pola súa parte, Democracia Ourensana continou a liña dos anteriores grupos e engadiu "sempre se pode mellorar nas resolucións. Entendemos que esta moción é mellor que a anterior. A finalidade é rebaixar os lumes do futuro. Se fai falta irase mellorando co tempo", expuso Armando Ojea.

A moción aprobouse por 18 votos a favor do PP e DO coas abstencións do PSdeG e de Ourense en Común.

Te puede interesar