Aprobado o novo trazado da futura senda peonil de Reza

Estado actual de la pista en Reza, con el muro caído.
photo_camera Foto de archivo de la pista de Reza tras la caída del muro.

O Consello da Xunta acordou onte a aprobación do proxecto modificado de trazado da nova senda na estrada OU-402 en Reza, no concello de Ourense. O investimento que o Goberno galego destinará a esta nova actuación para habilitar unha senda peonil continua de case 2,7 quilómetros pola marxe dereita desta vía autonómica superará os 1,6 millóns de euros. A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Goberno galego leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta intervención. Do total de 37 predios necesarios para executar as obras, 6 son de titularidade pública e 16 parcelas estarán afectadas por ocupación temporal para executar a reposición das ramplas de acceso e, cando sexa posible, a recolocación dos peches que sexa necesario levantar.

Así, habilitarase na OU-402 un itinerario entre os puntos quilométricos 1,060 e 3,290, que permita conectar os treitos illados de beirarrúas existentes e as edificacións dispersas. Con esta intervención, complétase a execución de máis de 16 quilómetros de sendas na comarca. 

Te puede interesar